xoves, 24 de setembro de 2015

A miña música preferida

O meu grupo favorito é 5 Seconds Of Summer, o cal fai o meu estilo de música preferido, o pop rock. Este grupo musical está formado por catro rapaces de Sídney (Australia). Os seus compoñentes son: Luke Hemmings (voz e guitarra), Calum Hood (voz e baixo), Ashton Irwin (batería e voz) e Michael Clifford (guitarra e voz).
Comezaron subindo a YouTube os seus vídeos de covers de cancións moi coñecidas. Así atraeron o interese de moitos selos discográficos e alcanzaron máis popularidade cando One Direction os invitou a súa xira "Take Me Home Tour". Dende entón foron cada vez máis coñecidos e lanzaron o seu primer sinxelo "She Looks So Perfect" en 2014, o cal ten actualmente 150 millóns de reproducións en YouTube. O 27 de Xuño de 2014 publicaron o seu primeiro álbum chamado "5 Seconds Of Summer". Neste ano 2015 realizaron una nova xira "Rock Out With Your Socks Out Tour" que finalizou este Setembro. Entre os seus próximos proxectos está o lanzamento do seu próximo disco "Sounds Good Feels Good" que terá lugar o 23 de Outubro de 2015.