xoves, 12 de novembro de 2015

INFORMACIÓN VIRTUAL

Crea unha nova entrada no teu blog co nome INFORMACION VIRTUAL. En formato libre desenrola os seguintes contidos buscando a información na rede e ilustra cada concepto cun vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). Non se trata de poñer moita información senón de intentar explicar os conceptos para que os comprendan os teus compañeiros de clase.



  • Xeolocalización.

A xeolocalización utilízase para coñecer a ubicación xeográfica de modo automático, é dicir, a localización dun obxecto nun sistema de coordenadas determinado. Este proceso require dun dispositivo dotado de GPS xunto cun sistema cartográfico de mapas. Os usuarios adoitan utilizar esta tecnoloxía para planificar recorridos, obter información do lugar onde se encontran ou compartir a súa posición xeográfica, en tempo real, a través de redes sociais.


  • Realidade aumentada.

A realidade aumentada engade información virtual á realidade. Existen diversas aplicacións de realidade aumentada; un dos exemplos máis populares é Layar. Esta aplicación utiliza o receptor GPS e a brúxula do teléfono móvil para ubicar a posición do usuario e a súa orientación. A pantalla do teléfono mostra o que a cámara capta e, sobre esta imaxe do entorno superpón en tempo real, información relativa ao que hai diante do usuario: a parada de autobús máis cercana, restaurntes, tendas, caixeiros, información sobre monumentos, ect.

  •  Licenzas Creative Commons.

Creative Commons é unha organización sen ánimo de lucro que foi fundada por Lawrence Lessing, Profesor de Dereito na Universidade de Stanford, que ofrece modelos de licenzas libres que permiten aos autores depositar o seu obre de forma libre na internet, limitando os usos que das devanditas obras pódense facer.

As catro condiciones das licenzas Creative Commons son:
-Recoñecemento:O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar publicamente a obra, realizar obras derivadas (tradución, adaptación, etc.) e facer dela un uso comercial, a condición de que se cite e recoñeza ao autor orixinal.
-Sen obra derivada: O autor non permite xerar obras derivadas. 
-Non comercial: O autor non permite o uso comercial. 
-Compartir igual: O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar publicamente a obra, e 
xerar obras derivadas pero baixo a mesma licenza.
                                         

  • Macrodatos (Big Data).

O Big Data ou Macrodatos é un concepto que fai referencia á acumulación de grandes cantidades de datos e aos procedementos usados para atopar patróns repetitivos dentro deses datos. O volume dos datos masivos crece constantemente. En 2012 estimábase o seu tamaño de entre unha ducia de terabytes ata varios petabytes de datos nun único conxunto de datos. Este conxunto de tecnoloxías pódese usar nunha gran variedade de ámbitos, como o empresarial, deportes e investigación entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario