xoves, 3 de decembro de 2015

Actividade 7

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:


Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á  figura 27 da páxina 44 do libro. 

Os soportes magnéticos gardan a información sobre unha superficie de natureza magnética. Algúns exemplos son discos flexibles, os discos duros, as cintas de vídeo, as bandas das tarxetas de crédito,ect. Un disco duro é un dispositivos utilizado para almacenar gran cantidade de información. Se compón de varios pratos, apilados nun mesmo eixo que xiran a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situados as cabezas de lectura-escritura que leen e escriben nas dúas caras de cada disco. Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, ect. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5 MB, que pesaba unha tonelada, aos discos de varios TB cun tamaño algo maior que un teléfono móbil. Nun disco magnético diferéncianse:
-Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
-Pistas: círculos concéntricos nos que se divide cara cara do disco.
-Sectores: divisións que se fan en cada pista.
-Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto utilízase nos discos duros, posto que en eles hai varios pratos con pistas en ambas caras.

Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria). 

A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos porque permite ler e escribir datos de forma simultánea. Convertéronse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre s súas características destacan a súa capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo alcanzable, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a ida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre cen e un millón as veces que se poden gravar información nela.
Os tipos de memorias flash son: 
- Memorias USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través do porto USB en quente, é dicir aínda que estea acendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún dispositivo software nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo as recoñece automaticamente.


-Tarxetas de memoria. Son soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que adoitan conectarse ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD,NanoSD, Compact Flash, Memory Stick,xD, MMC, ect.

 

Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.

Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por discos mecánicos, se non por memorias de circuítos integrados para almacenar a información, utilizando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, ect. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de procura e latencia, polo que se converteu nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros. As SSD fan uso da mesma interfaz que os discos duros e, polo tanto, son facilmente intercambiables sen ter que recorrer a adaptadores ou tarxetas para compatibilizar co equipo. Ao ser inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario