xoves, 10 de decembro de 2015

Actividade 9

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes.

 

  • (0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede. 

    Os módems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña analóxica ou dixital. A palabra "módem" provén dos térmos MOdular-DEModular e a súa misión consiste en convertir a sinal dixital do ordenador en analóxica e viceversa.
    En función da tecnoloxía utilizada para transmitir información distínguense varios tipos:
    • Módem ADSL. Utiliza o fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denomínase asimétrica debido a que a capacidade de descarga (dende a rede ata o usuario) e a capacidade de subida de datos (en sentido inverso) non coinciden. A tecnoloxía que se emprega, ADSL2, ADSL+2 ou VDSL, proporciona gran ancho de banda que permite integrar na mesma liña voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade, plo que é unha das máis utilizadas.

    • Cable módem. Disenado para modular a sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable. Utilízase xeralmente para acceder a servicios de televisión por cable que, adicionalmente, proporciona acceso a Internet de banda ancha.


    • Módem USB. Utiliza a banda ancha do móvil para obter Internet en calquera lugar, momento, sempre que se dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do  tipo de conexión, GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar comomódem co que conecter outros dispositivos inalambricamente.

    • Satmódem para satélite. A conexión a Internet se fai vía satélite. Pode ser unidireccional, só pode recibir datos, ou bidireccional, coa capacidade para recibir e enviar.
  • (0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede. 

    Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría dos routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conexión a Internet.

     

  • (0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede. 

    A tecnoloxía PLC (POower Line Communications) utiliza a línea electrónica convencional para a tansmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á dun módem , aínda que neste caso utilizan a rede eléctrica para a transmisión de datos. O seu uso permite, entre outras cousas, o acceso a Internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.

     

  •  

    (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.

    O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:

    • Cableado coaxial. Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso. 
    • Cableado de par trenzado. Está constituído por catro pares de fíos. Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e eviatr que se acople a sinal entre os pares. 
      Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos:                     UTP. É un cable non apantallado. É de baixo coste pero sensible a interferencias, polo que se producen máis erros que outros cables. STP. É un cable apantalado, é dicir, ten unha malla metálica ao redor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.                FTP. É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5(100Mbps), categoría 6 (1Gbps), categoría 7(10Gbps) e categoría 8, que está en fase de deseenvolvemento. O cableado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.
    • Cable de fibra óptica. É unha fibra moi fina de material transparente, vidro ou material plástico, pola que se envía un haz de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras ópticas proteidas con fiaduras de aramida para facelos resistentes á tracción, ademais de estar protexidos por varios revestimentos. Os conectores máis empregados na fibra óptica para redes de área local son ST, LC, FC, e SC.
      Cable ST

      Cable fibra óptica


       

Ningún comentario:

Publicar un comentario